(per)Seguidores

quinta-feira, 30 de maio de 2013

O que nós desprezamos, os galegos sobrevalorizam… "Foi na 'Gallaecia' que nasceu a língua portuguesa"

Enquanto a China, há anos, investe na Lusofonia, na vertente económica e comercial e em força, com uma plataforma em Macau e promove a aprendizagem do português para os mesmos efeitos, nós, uns dos “coproprietários” do veículo comunicacional, não saímos da vertente cultural/linguística, com uma inocência que os tempos de hoje não perdoam. Claro que tem que haver, sempre, guardiões da pureza, mas há muito mais para além…
Não é por acaso que a Guiné Equatorial, desde a formação dos PALOP, agora designada de CPLP, quer entrar na comunidade lusófona, mesmo não tendo o português como língua oficial (1.ª Espanhol (Língua Nacional), 2.ª Francês e 3.ª Português desde 2010) e se faça representar em todas as iniciativas da CPLP, que tem a ver com razões históricas, por bons e maus motivos (lembre-se o papel da escravatura) e que deixou réstias civilizacionais…
Entretanto e quase em simultâneo com a vontade da Guiné Equatorial, na Galiza teve origem um movimento reintegracionista, que defende a tese de que a língua portuguesa e o galego nunca se separaram realmente, sendo variantes ou dialetos da mesma língua (contrariada pelos governos autónomos anteriores), tal como o português de Portugal e o português do Brasil, denominando, à variante da Galiza, galego, galego-português, portugalego ou português da Galiza e por isso a pretensão antiga de também terem direito a fazer parte da CPLP, de estudarem (finalmente) o português, igualmente por razões históricas…
 Moral da História: A língua portuguesa que nós menorizamos e a Lusofonia como plataforma com muitas interligações, que nós desprezamos, os galegos valorizam uma e sobrevalorizam outra, na razão direta dos proventos que daí venham, em todas as suas componentes.
Somos (os governantes) mesmo artolas!
A notícia abaixo vai em galego, para que possamos constatar que realmente, há uma bifurcação da língua…
Gallaecia, província romana em 298 d.C.
"Este é o día en que Galiza en rompemos unha fenda histórica ou volvemos unir o que a historia separou", así celebrou Xosé Morell, voceiro dos promotores da ILP Valentín Paz Andrade, a toma en consideración por unanimidade no Parlamento da proposta para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, que pide a implantación dese idioma nos currículos escolares. Os catro grupos da Cámara deron o seu apoio a unha iniciativa que se compromete "co aproveitamento das potencialidades" da lingua do país e que agora debe levar as autoridades a "valorizar o galego como unha lingua con utilidade internacional", tendo en conta que o achegamento ao portugués implica facelo a un "idioma de traballo de vinte organizacións internacionais, incluída a UE, e lingua oficial de nove países" entre os que figuran "potencias económicas como o Brasil".
Foi un si rotundo a unha ILP apoiada por máis de 17.000 sinaturas e que Xosé Morell defendeu como a ocasión "de faceren ver non só ao empresariado, senón a todos os galegos galegas, aos nosos fillos e fillas" a existencia dunha "lingua extensa e útil, cunha dignísima historia de séculos e un inmeso futuro por diante, como o que ten este país". E foi unánime, aínda que o PP quixo deixar claro o carácter "estranxeiro" do portugués e a súa negativa a revisar calquera aspecto da normativa do galego.
Os argumentos da comisión promotora foron culturais e lingüísticos, pero tamén económicos a favor das potencialidades dun idioma co que os galegos poden entenderse con outros 250 millóns de persoas. "A crise contrasta coa auxe de novas potencias como o Brasil, Angola ou Macau", lembrou o membro da comisión promotora ante un Parlamento ao que recordou que a economía brasileira "xa é a quinta maior do mundo e a primeira de América Latina".
"Os galegos e galegas poden aproveitar un potencial económico ata hoxe desaproveitado, abrindo as portas a un universo en expansión, onde os galegos e galegas podemos estar por dereito propio", engadiu Morell, que advertiu tamén que mentres en Estremadura e en Andalucía "son milleiros" os nenos que aprenden portugués, en Galicia tan só hai 600, o que supón "un déficit que cómpre corrixir o antes posíbel". Así, pediu "unha pluralidade de medidas" para a incorporación do ensino deste idioma no país, unha promesa de Feijóo da que nada se sabe catro anos despois.
Tamén solicitou, aludindo ás reivindicacións da ILP, "materializar a recepción en aberto das televisións e radios portuguesas mediante a TDT". "A nosa proposta prevé que o Goberno galego adopte as medidas necesarias para o lograr, adoptando así unha previsión recollida na Carta Europea das Linguas", lembrou Morell, antes de agradecer a toma en consideración por unanimidade dunha iniciativa "que vai ser para todos nós, non só para os promotores, senón para todos os galegos e galegas e para os que virán despois de nós". "É un día histórico e lembrado", insistiu.
"Restituír a normalidade lingüística"
Non houbo rexeitamento, pero si matices. Así, o BNG, a través da súa deputada Ana Pontón, defendeu as reivindicacións da ILP como "elemento clave na restitución da normalidade lingüística e á hora de potenciar as oportunidades no ámbito económico que a lingua portuguesa aber para o tecido empresarial e cultural do país", pero recordou tamén que o Bloque leva anos levando á Cámara iniciativas "que reclamaban cuestións como as que veñen neste ILP", mentres o PP e os gobernos de dereita obviaron moitas das propostas, colaborando "nunha negación histórica da nosa realidade".
"Hai situacións que causan vergoña allea, como ver o noso vicepresidente e presidente utilizando no Brasil ou en Portugal a lingua castelá  acompañados de intérprete. En aras da austeridade ben poderían aforrar os intérpretes e utilizar a lingua galega", advertiu Pontón, que lembrou tamén as negativas da Xunta a varios centros que reclamaron impartir o portugués como lingua estranxeira no currículo escolar.
Pola súa banda, Xabier Ron, deputado de AGE, reivindicou a ILP como unha boa forma de "derrubar os valos para que lusofonía sexa un espazo aberto" e que defendeu a conformación dunha "nova idea de lusofonía, respectuosa coas linguas minorizadas e a diversidade". "Galicia debe coller corpo no relato que constrúen os países da CPLP, unha identidade que precisa ser comunicada e entendida", defendeu, tras ver nas propostas da iniciativa unha "excelente ocasión en clave de reprociprocidade para as artes, a música, as editoriais, as políticas ou os ámbitos sociais e económicos".
Nos mesmos termos se manifestou o deputado do PSdeG Francisco Caamaño, que chamou a "converter a irmandade con Portugal nun elemento estratéxico" e que ve na ILP un primeiro paso para "superar a división interna, ese muro construído" entre o país veciño e Galicia. "O que se nos di hoxe é que esquezamos os espazos dos territorios e do poder", insistiu, tras reivindicar o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía como "unha boa maneira de construír xuntos e de superar a crise" e de permitir que os nenos galegos poidan estudar ese idioma.
Tamén Agustín Baamonde, deputado do PP, defendeu a "oportunidade de converter en real a converxencia entre Galicia e a lusofonía" e a "posibilidade de interconectar cun mercado de extraordinario potencial económico". Aínda así, apostou por que a lingua portuguesa teña "un trato preferente por esa relación de interdependencia co galego e coa tradición histórica", pero tamén quixo deixar "claro" que se trata "dunha lingua estranxeira con carácter opcional e non obrigatorio".
"Non temos intención ningunha de entrar no debate normativo. O galego ten unha normativa oficial, aprobada, que dende o PP acatamos e respectamos", advertiu tamén, para finalizar alertando "dalgunhas dificultades" para a aplicación práctica da ILP, "tanto no relativo ao currículo escolar como no aproveitamento do espazo radioeléctrico, que é unha competencia estatal".

Sem comentários:

Enviar um comentário